Caixa de eclipse

Incorporación a Proxector: 19/5/2026

O vindeiro 12 de agosto de 2026 terá lugar un evento astronómico excepcional que se poderá observar desde boa parte de Galicia: unha eclipse total de Sol. Para poder observala con seguridade é importante que tomes precaucións e protexas a túa vista. Unha maneira segura de facelo é a través dunha cámara escura construída cunha caixa de cartón. Neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) elaborado polos Museos Científicos Coruñeses ensínanche a construíla.

Concello da Coruña CREACIóN Casa das Ciencias (A Coruña) CREACIóN
19/5/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO