Sabías que o reino das plantas e o dos fungos se relaciona a través dunha simbiose na que ambas as partes obteñen beneficios? O enxeñeiro agrómono Santiago Lamosa Quinteiro explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 56´´) que son as micorrizas e que importancia teñen para o medio natural.
A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).

