Proxecto RECAP-ECO

Incorporación a Proxector: 8/6/2026

Nos seus estadios iniciais, a enfermidade arteriosclerótica é subclínica polo que identificala de forma precoz é un reto para o sistema sanitario. David Rial Villar, residente de Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde da Estrada, fálanos neste vídeo (1´ 45´´) do proxecto "RECAP-ECO", que propón un sistema que permitiría ao médico de atención primaria detectar a enfermidade arteriosclerótica subclínica a partir dunha ecografía de carótide.

Este foi un dos proxectos finalistas dos Premios de investigación en saúde transfronteirizos de Galicia e norte de Portugal 2025, na modalidade de "Proxectos de investigación sanitaria en atención primaria".

David Villar Rial    AUTORÍA
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) CREACIóN
8/6/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO