A criopreservación é unha técnica que permite conxelar células, tecidos e mesmo organismo vivos a temperaturas extremadamente baixas usando principalmente nitróxeno líquido. Neste vídeo divulgativo (1´ 20´´) a investigadora Alba Lago preséntanos o seu traballo sobre a criopreservación de larvas complexas de invertebrados mariños.
Esta foi unha das presentacións participantes na IV edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2025 pola Universidade de Vigo.

