Atrévete coa ciberseguridade

Incorporación a Proxector: 24/7/2026

A tecnoloxía facilítanos a vida e ofrécenos múltiples recursos e ferramentas, tanto para o ámbito académico e profesional como para o lecer, pero o seu uso tamén supón riscos que cómpre coñecer e saber evitar. David Ballesteros trata neste espectáculo didáctico (51´) diferentes aspectos relacionados coa ciberseguridade e os bos hábitos de uso nos contornos dixitais cotiáns.

A charla está dirixida a alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP, e tivo lugar no marco de Galiciencia 2026.

David Ballesteros    AUTORÍA
Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole CREACIóN
24/7/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO