Identificación de canto de aves

Incorporación a Proxector: 24/7/2025

Habitualmente unha agradable banda sonora ameniza as nosas andainas pola natureza. Son aves que escoitamos, pero non sempre podemos ver. Neste vídeo didáctico (2´ 44´´) os profesores Noemí Vázquez e Xacobo de Toro ensínanche a identificar as aves polo seu canto, empregando as aplicacións "Merlin Bird" e "BirdNET".

Ferramentas de utilidade:
-Guía visual e sonora de identificación de aves
-Aplicación Merlin Bird
-Aplicación BirdNET

Xacobo de Toro    Noemí Vázquez Nogueiras    AUTORÍA
24/7/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO