O Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) encargouse de estudar os 7.000 últimos anos de prehistoria e arqueoloxía de Galicia para identificar o tipo de paisaxes características de cada un dos momentos culturais que se sucederon ao longo de todo este tempo. O coñecemento adquirido nesta vasta investigación quedou recollido na obra "Atlas arqueolóxico da paisaxe galega", editada por Xerais en 2016. Neste vídeo divulgativo (4´ 29´´) terás oportunidade de coñecer mellor esta obra de referencia no ámbito do estudo da paisaxe galega.

