Vídeo didáctico (9´ 04´´), elaborado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, que che permitirá coñecer a orixe e significado dalgúns dos principais topónimos da parroquia de Barcia de Mera, situada no concello pontevedrés de Covelo, nas marxes do río Alén (case con toda seguridade chamado antigamente río Mera).
Esta peza, presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.