Industria alimentaria e alimentación saudable

Incorporación a Proxector: 9/11/2026

María Ángeles Romero, catedrática da área de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, fálanos nesta charla didáctica (32´ 56´´) sobre hábitos alimentarios saudables, poñendo o foco nos beneficios de consumir produtos de proximidade ou de "quilómetro cero". Reflexiona sobre o uso de aditivos por parte da industria alimentaria e presenta dous proxectos nos que participa, como son a empresa Tastelab, pioneira de análise sensorial que axuda a importantes multinacionais antes de lanzar novos produtos, ou a Cátedra do Pan e do Cereal, vinculada ao Campus de Lugo da USC.

A charla tivo lugar no IES Alfoz-Valadouro, no marco do programa "De O a 100" de La Voz de Galicia.

Ángeles Romero Rodríguez    AUTORÍA
La Voz de Galicia CREACIóN
9/11/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO