O curso escolar implica estudo e adquisición de novas aprendizaxes, pero ás veces tamén é necesario mudar algúns hábitos relacionados coa ergonomía (transporte da mochila, postura na cadeira, uso de pantallas...) que condicionan o noso benestar.
Neste vídeo divulgativo (1´ 28´´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia dáche algúns consellos de utilidade para coidar o teu corpo mentres estudas, xogas e aprendes.

