Charla didáctica (1 h, 14´) de Francisco Díaz-Fierros, emitida en directo o 4 de novembro de 2026 no marco das actividades de conmemoración do XVII Día da Ciencia en Galego. O profesor Díaz-Fierros fálanos do ciclo da auga renovable e das súas «cores» (verde e azul), das augas «grises» e a contaminación, e dos números relacionados coa auga galega: canta temos, como se reparte no espazo e no tempo, e se hai de verdade auga para todos. Tamén analiza os extremos hídricos, e os tipos de seca que tiveron lugar ao longo da historia en Galicia.

