Charla didáctica (1 h, 26´) na que Ana Barreiro Buján, doutora en Bioloxía e investigadora Ramón y Cajal, nos presenta o solo como un ecosistema vivo e reflexiona sobre as ameazas que poñen en risco a súa conservación e a súa capacidade para proporcionar os servizos ecosistémicos dos que depende a sociedade.
A charla emitiuse en directo o 18 de novembro de 2026 no marco das actividades de conmemoración do XVII Día da Ciencia en Galego.

