Curricacha é o nome que se emprega nalgunhas localidades das Rías Baixas para nomear a pardela cincenta, unha das aves mariñas que podemos ver nas nosas costas. Neste vídeo divulgativo (1´ 31´´) poderás coñecer máis sobre o seu estilo de vida e os seus métodos de adaptación para a supervivencia nos océanos.
O recurso forma parte do proxecto "5 pardelas, 5 viaxes, 5 historias", unha campaña de seguimento remoto a cinco pardelas cincentas da Illa Coelleira realizada polo CEIDA, co obxectivo de coñecer mellor esta especie e promover a súa conservación.

