Alimentación saudable nas persoas maiores

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

O envellecemento é un proceso natural e progresivo que cada quen experimenta de forma diferente, pero en todos os casos levar unha alimentación saudable é vital para aumentar a calidade de vida e previr enfermidades. Flora Barreiro Pérez, enfermeira de profesión, explícanos nesta charla didáctica (41´ 18´´) cales son os cambios fisiolóxicos que afectan ao estado nutricional dos anciáns e que tipo de alimentación e hidratación é a máis saudable para as persoas maiores.

O recurso forma parte do portal educativo Aulas Galegas, creado por un colectivo de docentes para complementar o ensino regrado durante a pandemia da Covid-19.

Flora Barreiro Pérez    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO