Vídeo de TED (4´ 51´´) no que a doutora Natascha M. Santos nos explica en que consiste exactamente o trastorno obsesivo compulsivo (TOC). Trátase dunha enfermidade psiquiátrica, pouco coñecida socialmente, relacionada con determinados mitos que non sempre son certos, e que a miúdo é mal diagnosticada polos profesionais da saúde mental. Este vídeo axudarache a entender mellor este trastorno neurobiolóxico do que aínda descoñecemos con exactitude a súa causa.

Tradución ao galego de Cristina Pernas.



Natascha M. Santos    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO