Como calcular o tamaño da terra

Incorporación a Proxector: 28/5/2022

Vídeo didáctico (2´ 27´´) no que Aarón Vilariño, alumno do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela, che explica como podes calcular o tamaño da terra co mesmo método que usou Eratóstenes no ano 200 a.C. Ti só precisas un metro, unha calculadora, un teléfono móbil e mais un pau; e agardar ao 21 de xuño ás 12 h do mediodía.
Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.

Aarón Vilariño    AUTORÍA
28/5/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO