Coñeces a banda de Möbius?

Incorporación a Proxector: 7/3/2022

Vídeo didáctico (2´ 29´´) no que Hada Galán Lamas, alumna da Escola Waldorf Meniñeiros (Friol) nos explica que é a banda de Möbius, creada en 1858 polo matemático e astrónomo alemán August Ferdinand Möbius. Descubrirás como se constrúe e que aplicacións prácticas ten este curioso obxecto non orientable cunha única superficie.
Este foi un dos traballos premiados no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.

Hada Galán Lamas    AUTORÍA
7/3/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO