Ensinando matemáticas cociñando e xogando

Incorporación a Proxector: 20/4/2022

Vídeo didáctico (2´ 30") no que Aroa Blanco Guerreiro , alumna do IES Castro da Uz (As Pontes), nos fala de progresións xeométricas dun xeito moi orixinal, mesturando matemáticas con gastronomía. Tras elaborar unha torta tradicional e decorala coa forma dun taboleiro de xadrez, Aroa fai unha representación didáctica das potencias de dous.
Esta peza foi premiada cun accésit no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.

Aroa Blanco Guerreiro    AUTORÍA
20/4/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO