Vídeo divulgativo (1´ 59´´) no que descubrirás de que substancias está composto un ovo, cales son as súas diferentes tipoloxías e por que algúns teñen dúas xemas.
Na realización desta peza, pertencente ao "Dicionario da ciencia", participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).