A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional - Parte 3

Incorporación a Proxector: 22/1/2024

Vídeo didáctico (13´ 38´´) no que David Canoura, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, nos fala dos aspectos musicais vinculados ao xogo tradicional, así coma das características dos xoguetes musicais e do repertorio de cancións infantís con xogo (ou xogos cantados). O recurso forma parte do proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical.

Outros vídeos da mesma serie.

José Agustín Candisano Mera    Sara Domínguez Lloria    Raúl Eirín Nemiña    Carol Guillanders    Javier Rico Díaz    José Eugenio Rodríguez Fernández    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO