Non todos respondemos igual aos estímulos dolorosos e, de feito, hai persoas ás que a dor lles impide realizar correctamente as súas tarefas, mentres que a outras, pola contra, as tarefas sérvenlles para evadirse da dor e conseguen realizalas mesmo con maior eficacia ca cando non senten dor. Neste vídeo de TED (4´ 57´´) Karen D. Davis, profesora de neurociencia na Universidade de Toronto, explícanos por que experimentamos a dor de xeito tan diferente e que papel xoga o noso cerebro nesa percepción.
A tradución ao galego é de Alicia Novoa e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.