Teleciencia: isomerías espaciais

Incorporación a Proxector: 29/9/2022

Vídeo divulgativo (1´ 31´´) no que Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra, alumnas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda, nos explican que é unha isomería espacial e en que consisten os dous tipos de isomería existentes: a isomería xeométrica e a isomería óptica.

Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Noelia García Liñares    Eugenia Saavedra Guerra    AUTORÍA
29/9/2022
#química   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO