Galegas na ciencia: Ramona Vaamonde

Incorporación a Proxector: 18/11/2022

Vídeo divulgativo (1´ 24´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Ramona Vaamonde (1907-1997), microbióloga e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada e doutora en Farmacia pola USC (universidade na que tamén acabaría sendo docente), a súa especialidade foi no ámbito da microbioloxía. Durante a guerra civil o seu laboratorio convértese no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, onde se producen os fármacos para os soldados de guerra e nesta mesma etapa a nosa protagonista acada tamén o título de enfermeira. En 1975 o seu papel foi decisivo na detección do virus do cólera en Santiago, evitando deste xeito unha epidemia

Carmela Cela    AUTORÍA
18/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO