Conversas co ecoloxismo: Ramón Varela Díaz

Incorporación a Proxector: 25/11/2022

Vídeo divulgativo (52´ 42¨) no que se reproduce unha conversa con Ramón Varela Díaz, doutor en Ciencias Biolóxicas, presidente de ADEGA entre 1981 e 1996 e autor da obra Contaminación atmosférica en Galiza (1994). Nesta conversa reflexiona sobre as seguintes cuestións: a situación de contaminación atmosférica de Galicia e a súa evolución, a crise das industrias electrointensivas, o peche do ciclo das térmicas galegas, a transición ecolóxica, a emerxencia climática, a política forestal do país e os lumes forestais.

Ramón Varela Díaz    AUTORÍA
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA] CREACIóN
25/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO