En 1995, o British Medical Journal publicou un artigo sobre un albanel que accidentalmente pisou un cravo e perforou de lado a lado a súa bota de punta de aceiro. O máis mínimo movemento provocáballe unha dor insoportable, pero cando os médicos lle quitaron a bota comprobaron que o cravo nunca chegara a tocarlle o pé. Neste vídeo de TED (5´ 02´´) Joshua Pate explícanos por que a nosa sensación de dor non sempre está directamente relacionada coa intensidade real de dano nos nosos tecidos corporais.
A tradución ao galego desta peza é de Daniel López e foi galardoada co terceiro premio do #TEDSaúde 2022, na modalidade de membros da comunidade da USC.