Vídeo divulgativo (55´´) sobre o matemático francés Évariste Gallois, un dos científicos homenaxeados no Día da Ciencia en Galego do ano 2022. A teoría de Galois é unha das bases matemáticas de sistemas usados en telecomunicacións, como a navegación por satélite ou o GPS.
Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

