Pensaches algunha vez na relación que hai entre os péndulos e as randeeiras que podemos atopar nos nosos parques? Neste vídeo didáctico (3´ 18´´), dous técnicos da Casa das Ciencias súbense a unha randeeira especial para explicarnos como se transfire a enerxía entre dous péndulos de xeito constante, ata que esta enerxía se disipa.
A peza foi elaborada no marco da exposición «Puro swing» da Casa das Ciencias, unha mostra deseñada para que o alumnado descubra de xeito interactivo a importancia dos péndulos na historia da ciencia.

