O Miño, un río de encontros

Incorporación a Proxector: 5/7/2023

Ao longo de 76 quilómetros, na última parte do seu percorrido antes de chegar ao mar, o río Miño conforma unha “raia húmida” que exerce de fronteira entre Galicia e Portugal. Neste documental (21´ 39´´) amósannos que, lonxe de servir de elemento divisorio, esta “raia húmida” foi ao longo da historia a testemuña dun rico intercambio cultural, económico e lingüístico entre as dúas beiras do río.

A peza está producida por Pío García Audiovisuales e foi elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Pío García Audiovisuales CREACIóN
5/7/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO