Que ricas son as froitas da primavera!

Incorporación a Proxector: 29/5/2024

Chamámoslles froitas de tempada a aquelas que nacen nunha determinada estación, xa que a planta precisa unha temperatura concreta para medrar e dar froito. Neste vídeo didáctico (56´´) Esther Vázquez cóntache cales son as froitas da primavera e como se nomean en galego.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Televisión de Galicia CREACIóN
29/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO