Vixésimo primeira lección (50´ 22´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez ensinarache o vocabulario que empregamos en galego para falar de vestiario, facendo unha comparación entre a vestimenta actual e a tradicional. Así mesmo, terás oportunidade de facer un percorrido polos museos galegos. No bloque de contidos gramaticais, trátase o presente de subxuntivo.
Esta lección foi emitida en directo o día 3 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

