Verbas. Aula de lingua e cultura galega. Sesión 23

Incorporación a Proxector: 6/9/2023

Vixésimo terceira lección (49´ 48´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez convídate a facer un percorrido cultural e paisaxístico pola Galicia interior. Así mesmo, no bloque de contidos gramaticais, ensinarache cales son as estruturas que empregamos en galego para expresar o noso estado físico ou anímico; e tamén aquelas outras que usamos cando queremos dar a nosa opinión sobre algo ou achegar argumentos. Tamén aprenderás cal é a conxugación do futuro de subxuntivo, un tempo verbal usado en contextos literarios ou cultos, que acostuma a aparecer en oracións subordinadas ou dependentes.

Esta lección foi emitida en directo o día 10 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
6/9/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO