A Torre de Hércules

Incorporación a Proxector: 20/9/2023

Vídeo divulgativo (22´´) no que Pablo Núñez Meneses nos fala dunha moeda cuñada no século XIV que recolle un dos primeiros testemuños gráficos da Torre de Hércules, que daquela era unha construción redonda.

Esta peza audiovisual forma parte da exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.

Pablo Núñez Meneses    AUTORÍA
Museo Provincial de Lugo CREACIóN Deputación de Lugo CREACIóN
20/9/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO