Segunda entrega (26´ 54´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Nesta ocasión terás a oportunidade de coñecer o importante labor que desenvolveron María Miramontes e Elvira Bao, dúas mulleres pioneiras na reivindicación e impulso da introdución do galego na escola como lingua vehicular de todas as materias.
A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.

