Irmás na Fala. O legado

Incorporación a Proxector: 20/12/2023

Derradeiro capítulo (21´ 23´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Nesta entrega repásase o legado que nos deixaron estas pioneiras que nas primeiras décadas do s. XX apostaron polo uso do idioma galego e pola defensa de Galicia como suxeito político.

A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.

Real Academia Galega CREACIóN Nós Televisión CREACIóN
20/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO