Por que existe o ciclo menstrual?

Incorporación a Proxector: 30/1/2024

Algunhas especies de mamíferos (como poden ser os simios, os morcegos, os humanos, e pode que tamén as musarañas elefante) comparten unha característica común: a menstruación. Neste vídeo de TED (4´ 45´´) a divulgadora científica Emma Bryce explícanos cales son as especificidades da menstruación nas mulleres e cal é a súa función na evolución humana.

A tradución ao galego é de Xiana Villaverde Munín e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Emma Bryce    AUTORÍA
30/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO