Enfermidades infecciosas emerxentes. Unha ameaza que non cesa

Incorporación a Proxector: 30/1/2024

Juan Jesús Gestal, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde da USC, fálanos neste vídeo (15´ 56´´) de como evolucionou a epidemioloxía e a prevención das enfermidades infecciosas desde o século XIX ata a actualidade, ata chegar a facer pensar á comunidade científica da época que podería vencelas todas e dedicarse só á súa prevención. O certo é que, malia todos os avances acadados, a varíola é a única enfermidade deste tipo que se conseguiu erradicar completamente. Nesta charla descubrirás o desafío que supoñen as enfermidades infecciosas emerxentes para a saúde pública a nivel global.

A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Real Academia de Farmacia de Galicia.

Juan Jesús Gestal Otero    AUTORÍA
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) CREACIóN Real Academia de Farmacia de Galicia CREACIóN
30/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO