Un ataque de pánico é unha reacción esaxerada á resposta fisiolóxica normal do corpo tras a percepción dun perigo. Neste vídeo de TED (5´ 22´´) a doutora Cindy J. Aaronson, especialista en ansiedade e depresión, explícanos en que consisten estes ataques de pánico, unha sensación tan intensa e agoniante que os pacientes poden chegar a confundila cun ataque ao corazón ou cun infarto cerebral.
A tradución ao galego é de Laura Sánchez Castro e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

