Vídeo divulgativo (51´´) no que se traza un breve perfil biográfico de Manuela Barreiro Pico (1877-1953), unha galega pioneira que pasou á historia por ser a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago en 1896 e tamén a primeira muller licenciada en Galicia. Licenciouse en Farmacia e rexentou a “Farmacia Moderna” en Ribadeo desde 1903 ata 1931, ano da súa xubilación.
Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia 2023, elaborada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

