F de Fala: as palabras que nos sosteñen

Incorporación a Proxector: 6/2/2024

En termos xerais, podemos dicir que o galego é o resultado da evolución do latín falado no noroeste da Península Ibérica, pero como se foi formando ao longo do tempo? Neste vídeo divulgativo (3´ 48´´) descubrirás de xeito ameno cal foi a evolución histórica do noso idioma ao longo dos séculos, e que pegada deixaron no galego as diferentes linguas coas que entrou en contacto.

A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Laura Filloy    Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
6/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO