Vivan as zorras e a neve!

Incorporación a Proxector: 13/2/2024

Chega o inverno e con el o frío e mais a neve. Sabes todo o que precisas para ir esquiar en galego? Esther Estévez explícache neste vídeo didáctico (1´ 40´´) todas as palabras que non podes esquecer meter na equipaxe.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Televisión de Galicia CREACIóN
13/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO