A ciencia do amor

Incorporación a Proxector: 13/2/2024

O símbolo que empregamos para falar de amor é un corazón, porque popularmente existe a crenza de que o responsable dos nosos sentimentos é o corazón. E se fose o noso cerebro o que regula as emocións? Neste vídeo de TED (6´ 40´´) Shannon Odell explícanos que acontece no cerebro cando namoramos, como responde nunha relación e como reacciona ante unha ruptura.

A tradución ao galego é de Laura Sánchez Castro e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Shannon Odell    AUTORÍA
13/2/2024
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO