Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

Incorporación a Proxector: 19/3/2024

Na nosa cultura tradicional é habitual poñer a roupa ao clareo, co obxectivo de que a enerxía do Sol actúe como desinfectante natural eliminando esa cor amarela que provocan os fungos e bacterias. Terá algunha base científica esta técnica? José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da USC, fálanos neste vídeo (5´) da radiación ultravioleta e resolve esta cuestión. Así mesmo, aproveita a ocasión para anunciarnos que o 12 de agosto de 2026 se vai producir unha eclipse total de Sol, polo que lembra cales son as precaucións que a cidadanía debe tomar para observala.

A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
19/3/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO