Tanto “millón” coma “milleiro” son formas correctas en galego, pero non significan o mesmo. Neste vídeo didáctico (31´´) Esther Estévez explícanos a diferenza.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

