Mesopotamia. O nacemento da civilización

Incorporación a Proxector: 24/4/2024

Vídeo didáctico (37´ 57´´) sobre a historia de Mesopotamia, considerada a primeira civilización da Idade Antiga á que lle debemos o nacemento da escritura e outras grandes innovacións en diferentes ramas do coñecemento (como o dereito, a arquitectura, as matemáticas ou a astronomía), que influirían decisivamente no desenvolvemento da humanidade.

A peza foi elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, para alumnado de 1º curso da ESO.

Blanca Castro Gerpe    AUTORÍA
24/4/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO