Vídeo didáctico (4´ 37´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica como se resolve un exercicio típico de cálculo de parámetros dunha función no que nos dan información sobre o seu comportamento e nós temos que aplicar as propiedades das derivadas.
A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.

