R de Revolta: o autogoberno irmandiño de “todos á unha”

Incorporación a Proxector: 23/5/2024

Entre os anos 1467 e 1469 as clases populares e a baixa nobreza galega uníronse e rebeláronse contra a alta nobreza, dando lugar ao que se coñece como a revolta Irmandiña, considerada como unha das maiores revoltas sociais do século XV a nivel europeo. Neste vídeo divulgativo (3´ 04´´) descubrirás como aconteceu un dos episodios máis épicos do medievo galego.

Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Elena Martín    Alba Tomé    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
23/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO