S de Suevos: adiviñas cal foi o primeiro reino medieval de Europa?

Incorporación a Proxector: 29/5/2024

Sabías que os suevos se asentaron no século V no territorio que hoxe coñecemos como Galicia e que aquí fundaron o primeiro reino medieval de Europa? Laura Filloy fálanos nese vídeo divulgativo (3´ 41´´) das vicisitudes deste pobo xermánico, desde a súa chegada á Gallaecia ata a súa caída en mans dos visigodos no ano 585.

Esta peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Laura Filloy    Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
29/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO