Terceiro capítulo (20´ 55´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, no que se fai un percorrido pola súa produción poética, dende a xestación de Música reservada (1991) ata En concreto (2004) e Papagaio (2006), así como o inacabado almanaque poético As palabras ingrávidas (2020).
A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.

