Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro

Incorporación a Proxector: 29/5/2024

Os libros de foros eran uns dos diversos documentos que as institucións relixiosas empregaban para controlar o seu patrimonio territorial, rexistrando neles as propiedades aforadas, os beneficiarios dos foros ou as rendas a cobrar. Neste vídeo divulgativo (2´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra amósanos o Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro (1572-1597).

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra CREACIóN
29/5/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO