O clima: elementos e factores

Incorporación a Proxector: 5/6/2024

Cando falamos de clima referímonos ao conxunto das condicións atmosféricas que caracterizan un lugar. Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícanos neste vídeo didáctico (23´ 33´´) cal é a diferenza entre “tempo atmosférico” e “clima”, e cóntanos como inflúen determinados factores (latitude, altitude, relevo, proximidade ao mar, correntes mariñas) nos diferentes elementos que compoñen o clima (temperaturas, precipitacións, humidade, presión e ventos).

A peza foi elaborada para alumnado de 1º de ESO.

Blanca Castro Gerpe    AUTORÍA
IES Lucus Augusti CREACIóN
5/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO